O nacemento ou adopción do primeiro e/ou segundo fillo dos contribuíntes residentes nos municipios aragoneses cuxa poboación de dereito sexa inferior a 10.000 habitantes dará dereito a unha dedución nos seguintes termos:
a) A dedución será de 100 euros polo nacemento ou adopción do primeiro fillo, e de 150 euros polo segundo, e aplicarase unicamente no período impositivo no que o dito necemento ou adopción se produza.
b) A dedución será de 200 e 300 euros, respectivamente, cando a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, non sexa superior a 35.000 euros en declaración conxunta e 23.000 euros en declaración individual.
c) A dedución corresponderalle ao contribuínte con quen convivan os fillos que dean dereito á dedución.
IMPORTANTE: esta dedución é incompatible coa dedución por nacemento ou adopción do segundo fillo en atención ao grao de discapacidade dalgún dos fillos.
Forma de cubrir: deberá indicar se os fillos nacidos ou adoptados son comúns a ambos os cónxuxes ou só do titular da declaración, e ademais se estes mesmos fillos conviven con ambos os pais ou adoptantes.