FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > MADRID

POR NACEMENTO OU ADOPCIÓN DE FILLOS (art. 4 do Decreto lexislativo CA 1/2010)

 

Os contribuíntes poderán deducir as seguintes cantidades por cada fillo nacido ou adoptado no período impositivo:

 

a)   600 euros se se trata do primeiro.

b)   750 euros se se trata do segundo.

c)   900 euros se se trata do terceiro ou sucesivos.

 

No caso de partos ou adopcións múltiples, as contías anteriores incrementaranse en 600 euros por cada fillo.

Para determinar o número de orde do fillo nacido ou adoptado, atenderase aos fillos que convivan co contribuínte na data de xeración do imposto e computaranse tanto os fillos naturais como os adoptivos.

 

Requisitos

 

•    Só terán dereito á dedución os pais que convivan cos fillos nacidos ou adoptados. Cando os fillos nacidos ou adoptados convivan con ambos os pais, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles, se optasen por tributación individual.

 

•    A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar 25.620 euros en tributación individual e 36.200 euros no caso de tributación conxunta. Este límite e o importe da dedución son aplicados e controlados polo programa.

 

 

Forma de cubrir

 

A través dunha ventá de captura de datos indicaranse:

 

-   Na fila que corresponda segundo o número de orde, sinalaranse nas epígrafes Común” ou ”Do titular” os fillos nacidos ou adoptados no exercicio. Cando en caso de matrimonio os fillos comúns aos cónxuxes convivan con ambos e representen para ambos o mesmo número de orde, o dato reflectirase na epígrafe "Común". Noutro caso, o dato reflectirase no recadro “Do titular” e indicarase, ademais, se os fillos conviven con ambos os pais ou adoptantes.

 

-   Datos adicionais: no caso de partos ou adopcións múltiples, sinalarase de acordo cos criterios anteriores o número de fillos nacidos en partos múltiples ou adoptados en adopcións múltiples.