FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CASTELA E LEÓN

POR NACEMENTO OU ADOPCIÓN DE FILLOS (art. 4 do Decreto lexislativo CA 1/2013)

 

Polo nacemento ou adopción durante o período impositivo de fillos que xeren dereito á aplicación do "mínimo por descendentes", poderán deducirse as seguintes cantidades:

 

– 710 euros se se trata do primeiro fillo.

– 1.475 euros se se trata do segundo fillo.

– 2.351 euros se se trata do terceiro fillo ou sucesivos.

 

 

Incremento por fillos discapacitados

 

As cantidades previstas nas alíneas a) e b) anteriores duplicaranse no caso de que o nacido ou adoptado teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

 

Cando o recoñecemento da discapacidade teña lugar nun ano distinto ao do nacemento ou adopción, para poder determinar o dereito a aplicar o incremento da dedución nese ano e a súa contía, haberá que atender ás circunstancias que concorran no ano de nacemento e á regulación aplicable no dito ano.

 

 

 

Contribuíntes residentes en municipios de menos de 5.000 habitantes

 

As contías referidas a nacemento, adopción e discapacidade incrementaranse nun 35 % para os contribuíntes residentes en municipios de menos de 5.000 habitantes.

 

Municipios de máis de 5.000 habitantes

 

Cando ambos os proxenitores ou adoptantes teñan dereito á aplicación da dedución, o seu importe ratearase por partes iguais.

 

Requisitos

Que a base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar non supere a contía de 18.900 euros en tributación individual e 31.500 euros en tributación conxunta.

 

 

Saldos pendentes de aplicación

 

No suposto de que o contribuínte careza de cota íntegra autonómica suficiente para aplicar o total da dedución no período impositivo no que se xere o dereito a esta, o importe non deducido poderá aplicarse nos tres períodos impositivos seguintes ata esgotar, se é o caso, o importe total da dedución.

 

Cando non se esgotase a totalidade da dedución nos ditos períodos, poderase solicitar o aboamento da cantidade que reste por aplicar.

 

 

Forma de cubrir

 

O programa reflectirá na ventá de captura de datos o número de orde do primeiro fillo con dereito a dedución en función dos datos reflectidos na ventá de descendentes de "Datos persoais e familiares". Non obstante, este dato poderá modificarse xa que para os efectos do número de orde deberán computarse todos os fillos do contribuínte, con independencia de que dean dereito ao "mínimo por descendentes". Polo tanto, se algún dos fillos do contribuínte non se relacionase na ventá de "Datos persoais e familiares" porque non dea dereito ao mínimo por descendentes, deberá modificar o número de orde do primeiro fillo con dereito a dedución no recadro establecido para o efecto.

-   Deberá tamén indicar a clave do municipio no que o contribuínte con dereito á dedución ten o seu domicilio fiscal: Clave 1, se reside nun municipio que exceda de 5.000 habitantes. Nos supostos nos que o domicilio fiscal estea situado nun municipio de menos de 5.000 habitantes, indicarase a clave 2

 

-   Así mesmo, deberá indicar se no exercicio 2014 obtivo o recoñecemento da discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33 por 100, dalgún dos fillos nacidos ou adoptados en 2012 ou 2013; deberá indicar a continuación a cantidade de dedución que aplicou na declaración daqueles exercicios.

 

 

-   Se os pais residen en distintas comunidades autónomas, deberá indicar se os fillos son comúns ou, exclusivamente do titular da dedución. Non obstante, se na ventá de datos persoais indicou a comunidade autónoma de residencia de ambos os proxenitores, non se habilitará o recadro correspondente a fillos comúns.

 

 

IMPORTANTE: para determinar o número de orde do fillo nacido ou adoptado, terase en conta o fillo nacido ou adoptado e os restantes fillos, de calquera dos proxenitores, que convivan co contribuínte na data de xeración do imposto e compútanse para estes efectos tanto os que o sexan por natureza coma por adopción.