FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CANARIAS

POR NACEMENTO OU ADOPCIÓN DE FILLOS (art. 10 do Decreto lexislativo 1/2009, do 21 de abril)

 

Por cada fillo nacido ou adoptado no período impositivo que conviva co contribuínte poderán deducirse as seguintes cantidades:

 

-   200 euros, cando se trate do primeiro ou segundo fillo.

-   400 euros, cando se trate do terceiro.

-   600 euros, cando se trate do cuarto.

-   700 euros, cando se trate do quinto ou sucesivos.

 

Fillos discapacitados en grao igual ou superior ao 65 por 100

 

En caso de que o fillo nacido ou adoptado teña unha discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 65 por 100, e convivise co contribuínte ininterrompidamente desde o seu nacemento ou adopción ata o final do período impositivo, adicionalmente poderá aplicar a seguinte dedución:

 

-   400 euros, cando se trate do primeiro ou segundo fillo que padeza a dita discapacidade.

-   800 euros, cando se trate do terceiro ou posterior fillo que padeza a dita discapacidade, sempre que sobrevivan os anteriores discapacitados.

 

Cando ambos os proxenitores ou adoptantes teñan dereito á dedución e non opten pola tributación conxunta, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.

Só terán dereito a aplicar esta dedución os contribuíntes que non obtivesen rendas no exercicio en que se orixina o dereito á dedución por importe superior a 39.000 euros na súa base impoñible xeral (recadro 366 da páxina 11 da súa declaración) e, no suposto de tributación conxunta, cando a unidade familiar non obtivese rendas por importe superior a 52.000 euros na súa base impoñible xeral.

 

A determinación do número de orde do fillo nacido ou adoptado realizarase atendendo aos fillos que convivan co contribuínte na data de xeración do imposto (normalmente, o 31 de decembro de 2014) e computaranse tanto os fillos naturais coma os adoptivos.

Considerarase que conviven co contribuínte, entre outros, os fillos nacidos ou adoptados que, dependendo deste, estean internados en centros especializados.

 

 

Forma de cubrir

 

Os datos indicaranse na fila que corresponda segundo o número de orde que represente o fillo nacido ou adoptado. Se durante o ano se producise o nacemento ou adopción de varios fillos, cada un deles indicarase na fila correspondente ao seu número de orde. Por exemplo, se se produciu o nacemento de dous fillos, que son o segundo e o terceiro, na fila correspondente a "primeiro ou segundo" indicarase 1 e na de "terceiro" farase constar tamén 1.

 

Os datos anteriores reflectiranse na epígrafe "Común" cando, en caso de matrimonio, os fillos que xeren dereito á dedución sexan de ambos os cónxuxes.

 

Noutro caso, os ditos datos reflectiranse na epígrafe "Do titular". Neste suposto deberá indicar, adicionalmente, o número de persoas con dereito a aplicar a dedución.

 

IMPORTANTE: no suposto de fillos nacidos ou adoptados en 2014 con discapacidade en grao igual ou superior ao 65 por 100, relacionaranse adicionalmente na epígrafe específica da ventá, reflectíndose na fila correspondente ao seu número de orde entre os que teñen o grao de discapacidade esixido de acordo cos mesmos criterios mencionados anteriormente.