Os mozos con residencia habitual na Comunidade Autónoma da Rioxa que adquiran a vivenda que, situada nesta comunidade autónoma, constitúa ou vaia constituír a súa residencia habitual, sempre que se cumpran os requisitos para ter dereito á dedución estatal por investimento en vivenda habitual poderán deducir o 3 por 100 das cantidades investidas cando se cumpran as seguintes CONDICIÓNS:
- Considéranse mozos con dereito a dedución os que non cumprisen 36 anos de idade no momento da finalización do período impositivo. Este requisito será controlado polo programa.
- Debe tratarse de cantidades satisfeitas no exercicio para a construción, ampliación, ou adquisición da vivenda que, ademais de estar situada na Comunidade Autónoma da Rioxa, constitúa ou vaia constituír a residencia habitual do contribuínte.
IMPORTANTE: no caso de que a base liquidable xeral sometida a tributación (base liquidable xeral menos o mínimo persoal e familiar) non exceda de 18.030 euros en tributación individual e 30.050 euros no caso de tributación conxunta, sempre que a base liquidable do aforro sometida a tributación (base liquidable do aforro menos o exceso do mínimo persoal e familiar sobre a base liquidable xeral) non supere os 1.800 euros, poderá aplicarse unha porcentaxe de dedución do 5 por 100 das cantidades investidas. Os límites de base liquidable serán controlados polo programa.
En canto aos conceptos de construción, ampliación, residencia habitual e elementos que integran a base da dedución, así como sobre comprobación da situación patrimonial ao finalizar o período da imposición, resultan aplicables os mesmos requisitos que con carácter xeral se establecen na Lei do imposto.
Particularmente, rexerán os límites de dedución establecidos na normativa estatal reguladora do imposto para os supostos de adquisición de vivenda habitual tendo desfrutado de dedución (xeral ou autonómica) por outras vivendas habituais anteriores, e de adquisición de vivenda habitual tras o alleamento da vivenda habitual previa con xeración dunha ganancia patrimonial exenta por reinvestimento.
LÍMITES das deducións autonómicas da Rioxa
A base máxima anual das deducións autonómicas para adquisición de vivenda e de segunda vivenda no medio rural virá constituída polo importe resultante de minorar a cantidade de 9.040 euros naquelas cantidades que constitúan para o contribuínte a base da dedución por investimento en vivenda habitual establecida na normativa estatal do imposto.
Para estes efectos, na consideración da base da dedución estatal non se terá en conta a que corresponda, se é o caso, polas obras ou instalacións de adecuación efectuadas por persoas con discapacidade a que se refire o artigo 68.1.4 da Lei do IRPF.
Ademais, estas deducións autonómicas por adquisición de vivenda requiren que o importe comprobado do patrimonio do contribuínte, ao finalizar o período da imposición, exceda do valor que reflectise a súa comprobación ao comezo deste, de acordo co artigo 70 da Lei do IRPF.
Forma de cubrir
Na ventá indicaranse as cantidades satisfeitas polo titular da declaración que dean dereito á dedución, tendo en conta as limitacións indicadas na epígrafe “base da dedución”.
En caso de matrimonio e se o importe satisfeito corresponde aos cónxuxes por partes iguais, reflectirase o 50 por 100 da totalidade das cantidades satisfeitas por ambos.