FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > REXIÓN DE MURCIA

POR INVESTIMENTO EN INSTALACIÓNS DE RECURSOS ENERXÉTICOS RENOVABLES (art. 1. cinco do Decreto lexislativo CA 1/2010)

O 10 % dos investimentos realizados en execución de proxectos de instalación dos recursos enerxéticos procedentes das fontes de enerxías renovables que se citan: solar térmica e fotovoltaica e eólica. O importe da citada dedución non pode superar os 1.000 euros anuais.

 

Base máxima da dedución

 

A base desta dedución estará constituída polas cantidades satisfeitas para a adquisición e instalación dos recursos enerxéticos renovables que corresen a cargo do contribuínte, sen que o seu importe máximo poida superar a cantidade de 10.000 euros anuais.

 

Requisitos

 

-   A instalación dos recursos enerxéticos renovables debe realizarse en vivendas que constitúan ou vaian constituír a vivenda habitual do contribuínte, conforme a definición que desta se realiza no artigo 1.un.5 do texto refundido das disposicións legais vixentes na Rexión de Murcia en materia de tributos cedidos, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2010.

-   Tamén resultará de aplicación esta dedución aos investimentos realizados na adquisición e instalación dos recursos enerxéticos renovables en vivendas destinadas ao arrendamento, sempre que este arrendamento non teña a consideración de actividade económica.

-   A dedución requirirá o recoñecemento previo da Administración rexional sobre a súa procedencia na forma que regulamentariamente se determine.

-   A aplicación da dedución requirirá que o importe comprobado do patrimonio do contribuínte, ao finalizar o período da imposición, exceda do valor que resultase da súa comprobación ao inicio deste, polo menos na contía dos investimentos realizados, de acordo cos requisitos establecidos con carácter xeral pola normativa estatal reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

 

Forma de cubrir

 

Na ventá reflectiranse as cantidades satisfeitas polo titular da declaración.

 

En caso de matrimonio e se o importe satisfeito corresponde aos cónxuxes por partes iguais, reflectirase o 50 por 100 do total das cantidades satisfeitas por ambos.