Os contribuíntes poderán deducir o 15 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións como consecuencia de acordos de ampliación de capital subscritos por medio do segmento de empresas en expansión do Mercado Alternativo Bolsista, aprobado por acordo do Consello de Ministros do 30 de decembro de 2005.
A dedución calculada ratearase por partes iguais no exercicio en que se realice o investimento e nos tres exercicios seguintes.
LÍMITE MÁXIMO DA DEDUCIÓN
A dedución terá un límite de 4.000 euros.
REQUISITOS
a) A participación conseguida polo contribuínte na sociedade obxecto do investimento non pode ser superior ao 10 % do seu capital social.
b) As accións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período de tres anos, como mínimo.
c) A sociedade obxecto do investimento debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e non debe ter como actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto polo artigo 4.8.dous.a) da Lei do Estado, 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
Os requisitos indicados nas letras a) e c) anteriores deberán cumprirse durante un período de tres anos como mínimo, contado desde a data de adquisición da participación.
As operacións nas que sexa aplicable a dedución deberán formalizarse en escritura pública na que se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.
INCOMPATIBILIDADE
Esta dedución resultará incompatible, para as mesmos investimentos, coas deducións por creación de novas empresas ou a ampliación da actividade de empresas de recente creación e por investimento na adquisición de accións ou participacións en entidades novas ou de recente creación.
INCUMPRIMENTO DOS REQUISITOS
O incumprimento dos requisitos anteriores comporta a perda do beneficio fiscal e o contribuínte debe incluír na declaración do imposto correspondente ao exercicio no que se produciu o incumprimento a parte do imposto que se deixou de pagar como consecuencia da aplicación da dedución practicada, xunto cos xuros de mora xerados.
FORMA DE CUBRIR: abrirase unha ventá de captura de datos na que deberá indicar o importe satisfeito nos exercicios 2012, 2013 e 2014 con dereito á dedución.