FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ARAGÓN

POR INVESTIMENTO EN ACCIÓNS DE ENTIDADES QUE COTIZAN NO SEGMENTO DE EMPRESAS EN EXPANSIÓN DO MERCADO ALTERNATIVO BOLSISTA (art.110.8 do Real decreto lexislativo 1/2005)

 

A persoa contribuínte poderá aplicar unha dedución do 20 por 100 das cantidades investidas durante o exercicio na subscrición de accións como consecuencia de acordos de ampliación de capital por medio do segmento de empresas en expansión do Mercado Alternativo Bolsista.

Límite máximo da dedución

O importe máximo da dedución será de 10.000 euros.

REQUISITOS

•    A participación do contribuínte na sociedade non poderá ser superior ao 10 por 100 do seu capital social.

•    As accións subscritas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período de dous anos como mínimo.

•    A sociedade obxecto do investimento debe ter o domicilio social e fiscal en Aragón e non debe ter como actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto polo artigo 4.8.2.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.

 

FORMA DE CUBRIR: abrirase unha ventá de captura de datos nas que deberá indicar o importe satisfeito con dereito á dedución.

Esta dedución será incompatible, para os mesmos investimentos, coa dedución por investimento na adquisición de accións ou participacións sociais de novas entidades, ou de recente creación dedicadas á investigación e ao desenvolvemento.