Porcentaxes de dedución:
1- Os contribuíntes terán dereito a unha dedución do 10 por 100 dos rendementos netos de actividades económicas do exercicio que se invistan en elementos novos do inmobilizado material ou investimentos inmobiliarios afectos a actividades económicas desenvolvidas polo contribuínte.
Para estes efectos entenderase que os rendementos netos de actividades económicas do período impositivo son obxecto de investimento cando se invista unha contía equivalente á parte da base liquidable xeral positiva do período impositivo que corresponda a tales rendementos, sen que en ningún caso a mesma contía poida entenderse investida en máis dun activo.
2- A porcentaxe de dedución será do 5 por 100 cando o contribuínte practicase a redución prevista no apartado 3 do artigo 32 da Lei do IRPF ou na súa disposición adicional vixésimo sétima, ou se trate de rendas obtidas en Ceuta ou Melilla respecto das que se aplicasen a dedución “por rendas obtidas en Ceuta ou Melilla” do artigo 68.4 da lei.
O importe da dedución non poderá exceder da suma da cota íntegra estatal e autonómica do período impositivo no que se obtiveron os rendementos netos de actividades económicas sinalados anteriormente.