Características e requisitos da dedución
a) Os contribuíntes poderán deducir da cota íntegra autonómica as cantidades satisfeitas polos gastos destinados á adquisición de libros de texto para as etapas correspondentes á educación básica.
b) Poderá deducirse o 15 por 100 das cantidades satisfeitas, durante o período impositivo pola ensinanza de idiomas recibida, como actividade extraescolar, polos fillos ou descendentes durante as etapas correspondentes á educación básica.
A cantidade para deducir polos gastos sinalados non poderá exceder das contías máximas que se indican a continuación:
a) Declaracións conxuntas:
- Os contribuíntes que non teñan a condición legal de familia numerosa, para os que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro menos o mínimo por descendentes se encontre comprendida entre os tramos que se indican a continuación, poderán deducir ata as seguintes contías:
|
Ata 12.000 euros
|
100 euros por fillo |
|
Entre 12.000,1 e 20.000,00 euros
|
50 euros por fillo
|
|
Entre 20.000,01 e 25.000,00 euros
|
37,50 euros por fillo
|
- Os contribuíntes que teñan a condición legal de familia numerosa, para os que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro menos o mínimo por descendentes se encontre comprendida entre os tramos que se indican a continuación, poderán deducir ata as seguintes contías:
|
Ata 40.000 euros
|
150 euros por fillo
|
b) Declaracións individuais:
- Os contribuíntes que non teñan a condición de familia numerosa, para os que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro menos o mínimo por descendentes se encontre comprendida nos tramos que se indican a continuación, poderán deducir ata as seguintes contías:
|
Ata 6.500 euros
|
50 euros por fillo
|
|
Entre 6.500,1 e 10.000,00 euros
|
37,50 euros por fillo
|
|
Entre 10.000,01 e 12.500,00 euros
|
25 euros por fillo
|
- Os contribuíntes que teñan a condición de familia numerosa, para os que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro menos o mínimo por descendentes se encontre comprendida nos tramos que se indican a continuación, poderá deducirse ata as seguintes contías:
|
Ata 30.000 euros
|
75 euros por fillo
|
As deducións resultantes da aplicación dos apartados anteriores minoraranse no importe das bolsas e axudas concedidas no período impositivo de que se trate pola Administración da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha ou por calquera outra Administración pública.
Para os efectos da aplicación destas deducións, só terán dereito a practicar a dedución os pais ou ascendentes respecto daqueles fillos ou descendentes escolarizados que dean dereito á redución prevista, en concepto de mínimo por descendentes no artigo 58 da Lei 35/2006.
Forma de cubrir: deberá indicar nos recadros habilitados para o efecto os seguintes datos diferenciados:
1. O importe dos gastos que lle corresponden ao titular pola adquisición de libros de texto de educación básica.
2. O importe dos gastos que correspondan por actividade extraescolar na ensinanza de idiomas.
3. O número de fillos que orixinen o gasto reflectido, diferenciando fillos de ambos os cónxuxes dos fillos do titular da declaración.
4. Deberá indicar, se é o caso, marcando cunha X, se forma parte dunha familia numerosa.