FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ARAGÓN

POR GASTOS EN PRIMAS INDIVIDUAIS DE SEGUROS DE SAÚDE (art. 110-15 do Real decreto lexislativo 1/2005, introducido polo art. 1-12 da Lei 2/2014)

 

Con efectos desde o 1 de xaneiro de 2014, os contribuíntes poderán deducir o 10 por 100 dos gastos satisfeitos no exercicio en primas de seguros individuais de saúde que teñan carácter voluntario, e cuxos beneficiarios sexan o propio contribuínte, o cónxuxe ou os fillos que outorguen o dereito á aplicación do mínimo por descendentes.

 

Requisitos:

a)   A cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro non pode ser superior a 50.000 euros en declaración conxunta e 30.000 euros en declaración individual.

b)   Cando dous contribuíntes teñan dereito á dedución polos gastos derivados de primas de seguros de saúde dos seus fillos, o importe da dedución ratearase por partes iguais.

c)   Están excluídos da dedución os gastos satisfeitos en concepto de primas de seguros de asistencia dental.

 

Forma de cubrir:

 

Deberá indicar no recadro correspondente, e de forma individual, o importe da prima do seguro de saúde pagado no exercicio.