FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ILLAS BALEARES

POR GASTOS EN PRIMAS DE SEGUROS INDIVIDUAIS DE SAÚDE (art. 6 do Decreto lexislativo 1/2014)

 

Os contribuíntes poderán deducir o 15 por 100 dos gastos satisfeitos durante o exercicio en concepto de primas de seguros individuais de saúde.

Para poder aplicar esta dedución será necesario que se cumpran os seguintes requisitos e condicións:

 

-   As persoas, contribuíntes e beneficiarias, deberán ter residencia nas Illas Baleares e cumprir algunha das características persoais seguintes:

a)          Ser membro dunha familia numerosa.

b)          Ser maior de 65 anos.

c)          Sufrir unha discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

-   O contribuínte non debeu obter, durante o exercicio, rendementos de actividades económicas suxeitas ao IRPF.

-   A suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro menos o mínimo do contribuínte e o mínimo por descendentes non deberán superar 12.000 euros en declaración individual ou 25.000 euros en declaración conxunta. No caso de familias numerosas, estes importes elévanse a 24.000 euros en individual ou 36.000 en declaración conxunta.

-   Só darán dereito a dedución os gastos de primas individuais destinadas única e exclusivamente a cubrir gastos de asistencia sanitaria. No darán dereito a dedución as primas vinculadas unicamente a asistencia dental, nin tampouco as aboadas en concepto de seguros privados derivados do RÉXIME das mutualidades de funcionarios ou outros colectivos.

-   Só se poderán ter en conta os descendentes membros da familia numerosa se estes á vez xeran o dereito á redución en concepto de mínimo por descendentes. Para familias numerosas que opten pola tributación individual, no caso de cónxuxes que teñan dereito á  redución prevista, cada un terá dereito a aplicar a metade da dedución correspondente aos gastos derivados por membros descendentes da familia numerosa.

-   No suposto de familia numerosa, deberase ter recoñecida administrativamente a dita condición.

-   O incumprimento dos requisitos e condicións sinalados anteriormente comportará a perda do beneficio fiscal, debendo incluír o contribuínte na declaración correspondente ao exercicio do incumprimento a parte do imposto que se deixase de pagar, así como os correspondentes xuros de mora.

 

Forma de cubrir

 

Abrirase unha ventá de captura de datos na que deberá indicar o importe satisfeito no exercicio.

Adicionalmente, deberá marcar cunha X se é membro dunha familia numerosa.