FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ESTREMADURA

POR GASTOS DE GARDERÍA PARA FILLOS MENORES DE 4 ANOS (introducido pola Lei 2/2014)

 

Os contribuíntes con fillos menores de 4 anos na data de xeración do imposto poderán aplicar unha dedución do 10 % das cantidades satisfeitas no período impositivo por gastos de gardería en centros de educación infantil autorizados pola consellería competente en materia de educación, cun máximo de 220 euros anuais para o total de fillos.

 

Requisitos:

Que as bases impoñibles xeral e do aforro non sexan superiores a 19.000 euros en caso de tributación individual ou a 24.000 euros en caso de tributación conxunta.

Terase dereito a aplicar a dedución por cada fillo polo que se teña dereito ao mínimo por descendentes.

Só terán dereito a practicar a dedución os pais que convivan cos seus fillos na data de xeración do imposto. Cando un fillo conviva con ambos os pais, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles no caso de que optasen por tributación individual, con independencia de que o gasto fose ou non satisfeito por ambos.

 

Forma de cubrir: deberá indicar as cantidades satisfeitas por gastos de garderías de forma separada, dependendo de se os fillos conviven con ambos os pais ou con un só deles.