FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CANARIAS

POR GASTOS DE GARDERÍA (art. 12 do Decreto lexislativo 1/2009, do 21 de abril)

 

Por gastos de custodia en garderías de nenos menores de 3 anos, os contribuíntes que teñan legalmente sobre eles a patria potestade ou a tutela poderán deducir o 15 por 100 das cantidades satisfeitas no período impositivo, cun máximo de 400 euros anuais por cada neno.

 

Requisitos

 

•    Os titulares da patria potestade ou tutela deberon traballar fóra do domicilio familiar polo menos 900 horas no período impositivo.

•    Ningún dos titulares da patria potestade ou tutela debe obter no período impositivo rendas (base impoñible xeral) superiores a 39.000 euros. En tributación conxunta este requisito entenderase cumprido se a renda (base impoñible xeral) da unidade familiar non excede de 52.000 euros. Este requisito será controlado polo programa.

•    Entenderase por gardería todo centro autorizado pola consellería competente do Goberno de Canarias para a custodia de nenos menores de tres anos.

•    Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á dedución e non opten, ou non poidan optar pola tributación conxunta, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.

•    A dedución e o límite desta no período impositivo no que o neno cumpra os 3 anos calcularanse de forma proporcional ao número de meses en que se cumpran os requisitos previstos para a aplicación da dedución.

 

Forma de cubrir

 

Por cada fillo polo que se teña dereito á dedución deberá indicar:

-   Se o fillo cumpriu tres anos durante o exercicio, deberá indicar o número de meses en que era menor de tres anos no exercicio 2014.

-   O importe dos gastos satisfeitos durante o período que se teña dereito á dedución.

-   O número de persoas con dereito a aplicar a dedución: "1" cando só poida aplicala o titular seleccionado; "2" cando poidan aplicala dúas persoas etc.