FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ILLAS BALEARES

POR GASTOS DE ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: 100 por 100 do gasto (art. 4 do Decreto lexislativo 1/2014)

 

Polo concepto de gastos en libros de texto editados para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e os ciclos formativos de formación profesional específica, deducirase o 100 por 100 dos importes destinados a aqueles gastos por cada fillo que curse os ditos estudos.

 

O importe da dedución será igual á suma de todos os gastos de adquisición de libros de texto correspondentes a todos os fillos que cursen os estudos establecidos. A contía máxima da dedución será o resultado de multiplicar o importe máximo deducible previsto pola lei para cada tramo de renda do período, polo número de fillos que orixinen os ditos gastos.

 

Para os efectos da aplicación desta dedución só se poderán ter en conta os fillos que dean dereito ao mínimo familiar por descendentes.

 

A dedución aplicada polos gastos orixinados non pode exceder de determinados límites.

 

 Para a tributación individual, os ditos límites son os seguintes:

 

 

Base impoñible*

LIMITE dedución

Ata 6.500,00 euros

100 euros/fillo

Entre 6.500,01 e 10.000,00 euros

75 euros/fillo

Entre 10.000,01 e 12.500,00 euros

50 euros/fillo

 

 * Suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, menos o mínimo do contribuínte e o mínimo por descendentes.

 

Para a tributación conxunta, os ditos límites son os seguintes:

 

Base impoñible*

LIMITE dedución

Ata 10.000,00 euros

200 euros/fillo

Entre 10.000,01 e 20.000,00 euros

100 euros/fillo

Entre 20.000,01 e 25.000,00 euros

75 euros/fillo

 

 * Suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, menos o mínimo do contribuínte e o mínimo por descendentes.

 

Nota: as contías máximas establecidas por cada fillo que dea dereito á dedución son controladas polo programa.

 

A aplicación desta dedución esixirá que a cantidade resultante da suma da súa base impoñible xeral e da súa base impoñible do aforro, menos o mínimo do contribuínte e o mínimo por descendentes, non supere o importe de 25.000,00 euros en tributación conxunta e de 12.500,00 euros en tributación individual.

 

Para a aplicación desta dedución bastará que calquera dos membros integrantes da unidade familiar estea en posesión da correspondente factura que xustifique os ditos gastos.

 

No caso de que os contribuíntes presenten declaración individual, a contía máxima legalmente deducible ratearase en partes iguais entre os membros da unidade familiar que presenten declaración, con independencia de cal sexa o réxime económico matrimonial.

 

Forma de cubrir

 

A través dunha ventá de captura de datos deberá indicarse o importe do gasto satisfeito polo titular da declaración, indicando, pola súa vez, no recadro que proceda (fillos comúns ou exclusivamente dun dos cónxuxes), o número de fillos que orixinaron o gasto.