Por cada adopción realizada no período impositivo de fillos que xeren o dereito á aplicación do "mínimo por descendente", o contribuínte poderá deducir 784 euros.
No suposto de adopción internacional, realizada segundo a lexislación vixente e de acordo cos tratados e convenios subscritos por España, o importe da dedución será de 3.625 euros:
A dedución será aplicable ao período impositivo correspondente ao momento no que se produza a inscrición no Rexistro Civil.
Compatibilidade
Esta dedución é compatible coas deducións por nacemento e adopción e por partos múltiples ou adopcións simultáneas.
Requisitos
Que a base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar non supere a contía de 18.900 euros en tributación individual e 31.500 euros en tributación conxunta.
Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución polos mesmos descendentes e algún deles non cumpra os requisitos establecidos no punto anterior, o importe da dedución para os demais contribuíntes quedará reducido á proporción que resulte da aplicación das normas para o rateo do mínimo por descendentes, prevista na lexislación estatal.
Saldos pendentes de aplicación
No suposto de que o contribuínte careza de cota íntegra autonómica suficiente para aplicar o total da dedución no período impositivo no que se xere o dereito a esta, o importe non deducido poderá aplicarse nos tres períodos impositivos seguintes ata esgotar, se é o caso, o importe total da dedución.
Cando non se esgotase a totalidade da dedución nos ditos períodos, poderase solicitar o aboamento da cantidade que reste por aplicar.
Forma de cubrir
No caso de matrimonio, cando ambos os cónxuxes teñan dereito á dedución, deberá indicar no recadro "Común" o número de fillos adoptados no ámbito.
Noutro caso, o número de fillos adoptados indicarase no recadro "Do titular". Neste suposto deberá cubrir, adicionalmente, o número de persoas que terían dereito a aplicar a dedución respecto deses fillos sen ter en conta a contía das súas rendas, indicando nel un 1 se o dereito á dedución lle corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dous proxenitores con dereito a esta.