FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CASTELA E LEÓN

POR FAMILIA NUMEROSA (art. 3 do Decreto lexislativo CA 1/2013)

 

 

Por familia numerosa establécese unha dedución de 246 euros. O concepto de familia numerosa para estes efectos é o establecido na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE 19/11/2003).

 

Non obstante, a dedución será de 492 euros cando algún dos cónxuxes ou descendentes que se computen para cuantificar o "mínimo por descendentes" teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100. Igualmente, considerarase acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100, cando se trate de discapacitados cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non se alcance o dito grao.

 

A dedución incrementarase en 410 euros por cada descendente, a partir do cuarto inclusive, aos que sexa de aplicación o "mínimo por descendentes".

 

 Requisitos

 

Que a base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar, non supere a contía de 18.900 euros en tributación individual e 31.500 euros en tributación conxunta.

 

Esta dedución será practicada polo contribuínte con quen convivan os restantes membros da familia numerosa. Cando exista máis dun contribuínte con dereito a practicar esta dedución, o importe desta ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.

 

Para determinar a condición de familia numerosa observarase a situación existente na data de xeración do imposto e deberá estarse en posesión do documento acreditativo expedido polo órgano competente na materia da Comunidade de Castela e León.

 

 

Saldos pendentes de aplicación

 

No suposto de que o contribuínte careza de cota íntegra autonómica suficiente para aplicar o total da dedución no período impositivo no que se xere o dereito a esta, o importe non deducido poderá aplicarse nos tres períodos impositivos seguintes ata esgotar, se é o caso, o importe total da dedución.

 

Cando non se esgotase a totalidade da dedución nos ditos períodos, poderase solicitar o aboamento da cantidade que reste por aplicar.

 

 

Forma de cubrir

 

A través dunha ventá de captura de datos debe indicar se se ten a condición de familia numerosa:

 

Deberá indicalo na columna "Común" cando, en caso de matrimonio, a condición de familia numerosa corresponde a ambos os cónxuxes. En caso contrario, indicarase na columna "Do titular", e indícase, ademais, o número de persoas que terían dereito a aplicar a dedución sen ter en conta a contía das súas rendas: "1", cando só poida aplicala o titular seleccionado; "2". cando poidan aplicala dúas persoas etc.