FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > COMUNIDADE VALENCIANA

POR FAMILIA NUMEROSA (art. 4.un.d) da Lei CA 13/1997)

 

Por ter na data de xeración do imposto o título de familia numerosa, expedido polo órgano competente en materia de servizos sociais da Generalitat ou polos órganos correspondentes do Estado ou outras comunidades autónomas.

 

Requisitos cando se trate de familia numerosa de categoría xeral:

 

Cando a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro do contribuínte non sexa superior a 25.000 euros en tributación individual ou a 40.000 en tributación conxunta, deducirase a cantidade de 300 euros.

 

Requisitos cando se trate de familia numerosa de categoría especial:

 

Cando a suma da base liquidable xeral e da base liquidable dol aforro do contribuínte non sexa superior a 30.000 euros en tributación individual ou a 50.000 euros en tributación conxunta,  deducirase a cantidade de 600 euros.

 

 

LÍMITE DA DEDUCIÓN

 

Nos supostos de familia numerosa de categoría xeral

 

O importe íntegro da dedución só será aplicable aos contribuíntes cuxa suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro sexa inferior a 23.000 euros en tributación individual, ou inferior a 37.000 euros en tributación conxunta.

Cando a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro estea comprendida entre 23.000 e 25.000 euros en tributación individual, ou entre 37.000 e 40.000 euros en tributación conxunta, os importes e límites de dedución serán os seguintes:

 

a)   En tributación individual, o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 2000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 23.000).

 

b)   En tributación conxunta, o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 3000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do  aforro do contribuínte e 37.000).

 

Nos supostos de familia numerosa de categoría especial

 

O importe íntegro da dedución só será aplicable aos contribuíntes cuxa suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro sexa inferior a 26.000 euros en tributación individual, ou inferior a 46.000 euros, en tributación conxunta.

Cando a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro estea comprendida entre 26.000 e 30.000 euros en tributación individual, ou entre 46.000 e 50.000 euros en tributación conxunta, os importes e límites de dedución serán os seguintes:

 

a)   En tributación individual, o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 4000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 26.000).

 

b)   En tributación conxunta, o resultado de multiplicar o importe ou límite de dedución por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula: 100 X (1 – o coeficiente resultante de dividir por 4000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do  aforro do contribuínte e 46.000).

 

 

O rateo da dedución só ha efectuarse cando haxa máis dunha persoa que, presentando declaración, poida aplicala por cumprir todos os requisitos esixidos para isto, incluída a contía máxima da base liquidable, aínda que non a aplique de forma efectiva. Polo tanto, non se toma en consideración para os efectos do rateo as persoas que non presenten declaración nin as que teñan unha base liquidable superior á esixida.

 

 

 

 

Así mesmo, terán dereito a esta dedución aqueles contribuíntes que, reunindo as condicións para a obtención do título de familia numerosa na data da xeración do imposto, presentasen con anterioridade a esta unha solicitude ante o órgano competente para a súa expedición. En tal caso, se se denegase a solicitude presentada, o contribuínte deberá ingresar a cantidade indebidamente deducida, xunto cos correspondentes xuros de mora, na forma establecida pola normativa estatal reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

 

As condicións para a consideración de familia numerosa e as súas diferentes categorías determinaranse de acordo co disposto na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.

 

Esta dedución será practicada polo contribuínte con quen convivan os restantes membros da familia numerosa. Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación desta dedución, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.

 

Esta dedución resulta compatible coas anteriores deducións por nacemento ou adopción, por nacemento ou adopción múltiples e por nacemento ou adopción de fillos discapacitados.

 

Forma de cubrir

 

Indicarase a través dunha ventá de captura de datos a seguinte información:

 

-   A dedución corresponderalle a quen posúa o título de familia numerosa (normalmente os pais). En caso de matrimonio, cando a dedución lles corresponda a ambos os cónxuxes, marcarase cunha X na columna "Común" a categoría de familia numerosa na que se encontre clasificado.

 

-   En caso contrario, marcarase na columna "Do Titular" e deberase indicar, ademais, o número de persoas que teñen dereito á dedución :"1", cando só poida aplicala o titular seleccionado; "2", cando poidan aplicala dúas persoas etc.