FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CANARIAS

POR FAMILIA NUMEROSA (art. 13 do Decreto lexislativo 1/2009, do 21 de abril)

 

O contribuínte que posúa, na data de xeración do imposto, o título de familia numerosa poderá deducir as seguintes cantidades:


- 200 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría xeral.

 

-   400 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría especial.

 

Cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 65 %, a dedución será a seguinte:

 

-   500 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría xeral.

 

-   1.000 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría especial.

 

Compatibilidade: esta dedución é compatible coas deducións relativas ao nacemento ou adopción dun fillo.

 

Só terán dereito a aplicar esta dedución os contribuíntes que non obtivesen rendas no exercicio en que se orixina o dereito á dedución por importe superior a 39.000 euros na súa base impoñible xeral (recadro 366 da páxina 11 da súa declaración) e, no suposto de tributación conxunta, cando a unidade familiar non obtivese rendas por importe superior a 52.000 euros na súa base impoñible xeral.

 

 

Condicións para a aplicación da dedución

 

1.     Esta dedución será practicada polo contribuínte con quen convivan os restantes membros da familia numerosa. Cando estes convivan con máis dun contribuínte, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.

2.     As condicións necesarias para a consideración de familia numerosa e a súa clasificación por categorías determinaranse conforme o establecido na Lei 40/ 2003, de protección ás familias numerosas.

3.     O título de familia numerosa deberá ser expedido polo órgano competente en materia de servizos sociais do Goberno de Canarias ou polos órganos correspondentes do Estado ou doutras comunidades autónomas.

 

Forma de cubrir

 

Indicarase a través dunha ventá de captura de datos a seguinte información:

 

-   A dedución corresponderá a quen posúa o título de familia numerosa (normalmente os pais). En caso de matrimonio, cando a dedución corresponda a ambos os cónxuxes, marcarase cunha X na columna "Común" a categoría de familia numerosa na que se encontre clasificado.

 

-   En caso contrario, marcarase na columna "Do Titular" e deberá indicar, ademais, o número de persoas que teñen dereito á dedución:"1", cando só poida aplicala o titular seleccionado; "2", cando poidan aplicala dúas persoas etc.