FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CATALUÑA

POR DONATIVOS A ENTIDADES QUE FOMENTEN A INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA E O DESENVOLVEMENTO E A INNOVACIÓN TECNOLÓXICOS (art. 14 da Lei CA 21/2005, modif. Lei 16/2008 )

 

Sobre a parte autonómica da cota íntegra dos contribuíntes residentes na Comunidade Autónoma de Cataluña poderá practicarse a seguinte dedución por donativos:

 

•    Donativos a favor de centros de investigación adscritos a universidades catalás e os promovidos ou participados pola Generalidat, que teñan por obxecto o fomento da investigación científica e o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica.

 

O importe da dedución será o 25 % das cantidades doadas, co límite máximo do 10 % da cota íntegra autonómica.

 

Requisitos

 

A dedución está condicionada a unha xustificación documental adecuada.

 

Para estes efectos, as entidades beneficiarias dos ditos donativos deben enviar á Axencia Tributaria de Cataluña, dentro dos primeiros vinte días de cada ano, unha relación das persoas físicas que efectuaron donativos durante o ano anterior, con indicación das cantidades doadas por cada unha delas.

 

Forma de cubrir

 

Na ventá reflectiranse as cantidades doadas con dereito a dedución.

En caso de matrimonio e cando a doazón sexa realizada polos cónxuxes por partes iguais, reflectirase o 50 por 100 das cantidades doadas por ambos.