FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CANARIAS

POR DOAZÓNS EN METÁLICO A DESCENDENTES PARA A ADQUISICIÓN OU REHABILITACIÓN DA SÚA PRIMEIRA VIVENDA HABITUAL (art. 9 do Decreto lexislativo 1/2009, do 21 de abril)

 

Por doazón de cantidades a descendentes para a adquisición ou rehabilitación da súa primeira vivenda habitual, establécense as seguintes deducións:

 

1.   Os contribuíntes con residencia habitual nas Illas Canarias que realicen unha doazón en metálico aos seus descendentes ou adoptados menores de trinta e cinco anos con destino á adquisición ou rehabilitación da primeira vivenda habitual do donatario nas Illas Canarias poderán deducir o 1 por 100 do importe da cantidade doada, co límite de 240 euros por cada donatario.

2.   Cando as doazóns teñan como destinatarios a descendentes ou adoptados discapacitados con grao superior ao 33 por 100, a dedución será o 2 por 100 do importe da cantidade doada, co límite de 480 euros por cada donatario.

3.   Cando as doazóns teñan como destinatarios a descendentes ou adoptados discapacitados con grao igual ou superior ao 65 por 100, a dedución será o 3 por 100, co límite de 720 euros.

 

Atención: para poder aplicar as porcentaxes e límites de dedución das alíneas 2 e 3, o descendente ou adoptado discapacitado deberá ser menor de 35 anos.

 

Para estes efectos, a rehabilitación deberá cumprir as condicións que se establezan regulamentariamente.

 

Para os efectos da presente dedución establécense as equiparacións seguintes:

•    As persoas suxeitas a un acollemento familiar permanente ou preadoptivo equipararanse aos adoptados.

•    As persoas que realicen un acollemento familiar permanente ou preadoptivo equipararanse aos adoptantes.

 

Requisitos

 

a)   Para a aplicación da dedución deberán cumprirse os requisitos previstos no imposto sobre sucesións e doazóns para a redución da base impoñible correspondente á doazón de cantidades en metálico con destino á adquisición ou rehabilitación da vivenda habitual nas IIlas Canarias.

b)   Por vivenda habitual considerarase a que, para tales efectos, se entende na normativa do IRPF, equiparándose á adquisición a construción desta, pero non a súa ampliación.

 

 

Forma de cubrir

Abrirase unha ventá de captura de datos na que deberá indicar ata para tres descendentes:

-   A cantidade doada.

-   Cando as doazóns teñan como destinatarios a descendentes ou adoptados discapacitados, deberá seleccionar o grao de discapacidade.