FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > COMUNIDADE VALENCIANA

POR DOAZÓNS DESTINADAS AO FOMENTO DA LINGUA VALENCIANA (art. 4.un.r) da Lei CA 13/1997)

 

Poderá deducirse o 10 por 100 das doazóns destinadas ao fomento da lingua valenciana en favor das seguintes entidades:

 

1) A Generalitat e as corporacións locais da Comunidade Valenciana.

 

2) As entidades públicas dependentes de calquera das administracións territoriais citadas no número 1) anterior cuxo obxecto social sexa o fomento da lingua valenciana.

 

3) As entidades sen fins lucrativos reguladas nas alíneas a) e b) do artigo 2 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, sempre que o seu fin exclusivo sexa o fomento da lingua valenciana e se encontren inscritas nos correspondentes rexistros da Comunidade Valenciana.

 

Para ter dereito a esta dedución deberá acreditarse a efectividade da doazón efectuada, así como o valor desta, mediante certificación expedida pola entidade donataria, na que, ademais do  número de identificación fiscal e dos datos de identificación persoal do doador e da entidade donataria, se fagan constar os seguintes extremos:

 

1) Data e importe do donativo, cando este sexa en diñeiro.

2) Documento público ou outro documento auténtico acreditativo da entrega do ben doado, cando se trate de doazóns en especie. En relación coas doazóns ás que se refiere o número 1 da letra q), será mención inescusable do documento o número de identificación que no Inventario xeral do patrimonio cultural valenciano corresponda ao ben doado.

3) Mención expresa do carácter irrevogable da doazón. En calquera caso, a revogación da doazón determinará a obriga de ingresar as cotas correspondentes aos beneficios gozados no  período impositivo no que a dita revogación se produza, máis os xuros de mora que procedan, na forma establecida pola normativa estatal reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

4) Mención expresa de que a entidade donataria se encontra incluída entre as reguladas nos  apartados a) e b) do artigo 2 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, cando a doazón se efectúe a favor de entidades sen fins lucrativos reguladas na citada lei.

 

 

Forma de cubrir

 

Na ventá reflectiranse as cantidades doadas polo titular da dedución.

 

En caso de matrimonio e se a doazón é realizada polos cónxuxes por partes iguais, indicarase o 50 por 100 da contía total doada.