Poderá deducirse o 10 por 100 das doazóns puras e simples efectuadas durante o período impositivo de bens que, formando parte do patrimonio cultural valenciano, se encontren inscritos no Inventario xeral do citado patrimonio, de acordo coa normativa legal autonómica vixente, sempre que se realicen a favor de calquera das entidades seguintes:
• A Generalitat e as corporacións locais da Comunidade Valenciana.
• As entidades públicas de carácter cultural dependentes de calquera das administracións territoriais anteriores.
• As universidades públicas da Comunidade Valenciana.
• As entidades sen fins lucrativos reguladas nas alíneas a) e b) do artigo 2 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, sempre que persigan fins de natureza exclusivamente cultural, e se encontren inscritas nos correspondentes rexistros da Comunidade Valenciana.
Para ter dereito a esta dedución, deberá acreditarse a efectividade da doazón efectuada, así como o valor desta, mediante certificación expedida pola entidade donataria, na que, ademais do número de identificación fiscal e dos datos de identificación persoal do doador e da entidade donataria, se fagan constar os seguintes extremos:
1) Data e importe do donativo, cando este sexa en diñeiro.
2) Documento público ou outro documento auténtico acreditativo da entrega do ben doado, cando se trate de doazóns en especie. En relación coas doazóns ás que se refiere o número 1 da letra q), será mención inescusable do documento o número de identificación que no Inventario xeral do patrimonio cultural valenciano corresponda ao ben doado.
3) Mención expresa do carácter irrevogable da doazón. En calquera caso, a revogación da doazón determinará a obriga de ingresar as cotas correspondentes aos beneficios gozados no período impositivo no que a dita revogación se produza, máis os xuros de mora que procedan, na forma establecida pola normativa estatal reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.
4) Mención expresa de que a entidade donataria se encontra incluída entre as reguladas nos apartados a) e b) do artigo 2 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, cando a doazón se efectúe a favor de entidades sen fins lucrativos reguladas na citada lei.
Sen prexuízo do anterior, a citada certificación deberá acompañarse doutra acreditativa do valor dos bens doados, expedida pola consellería competente en cada caso por razón do obxecto ou finalidade da doazón.
Forma de cubrir
Na ventá reflectirase o valor dos bens doados.
En caso de matrimonio e se a doazón é realizada polos cónxuxes por partes iguais, indicarase o 50 por 100 da contía total doada.