Os contribuíntes poderán deducirse da cota íntegra autonómica o 15 por 100, ata o límite do 10 por 100 da dita cota das doazóns en diñeiro efectuadas durante o período impositivo a favor de calquera das seguintes entidades:
- A Administración da Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha e os organismos e entidades públicas dependentes dela cuxa finalidade sexa a investigación e o desenvolvemento científico e a innovación empresarial.
- As entidades sen fins lucrativos, sempre que entre os seus fins principais se encontren a investigación e o desenvolvemento científico e a innovación empresarial e se encontren inscritas nos rexistros correspondentes da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha.
A efectividade da achega efectuada deberá acreditarse mediante certificación da entidade donataria.
Forma de cubrir: abrirase unha ventá na que debe indicar o importe satisfeito con dereito a dedución.