Por doazóns con finalidade ecolóxica, o 10 por 100 do importe das doazóns en diñeiro puras e simples efectuadas durante o período impositivo e ata o límite do dez por cento da cota íntegra autonómica.
O importe da dedución non poderá exceder de 150 euros, tanto en tributación individual coma en conxunta.
Entidades beneficiarias dos donativos
A) Entidades públicas dependentes da Comunidade Autónoma de Canarias, cabidos insulares ou corporacións municipais de Canarias, cuxa finalidade sexa a defensa e conservación do medio. Os ditos recursos quedan afectos ao desenvolvemento de programas desta natureza.
B) Entidades sen fins lucrativos do artigo 2 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, cuxo fin exclusivo sexa a defensa do medio e se encontren inscritas nos correspondentes rexistros da comunidade autónoma.
Para acreditar o dereito á dedución, o contribuínte debe estar en posesión do correspondente certificado emitido pola entidade donataria no que consten os requisitos esixidos polo artigo 5 do Decreto lexislativo 1/2009, da Comunidade Autónoma de Canarias: NIF do doador e da donataria, data e importe do donativo, así como o carácter irrevogable deste e a súa aceptación pola donataria.
Forma de cubrir
Na ventá de captura de datos, indicaranse as cantidades doadas, tendo en conta que polas doazóns que lles correspondan aos cónxuxes por partes iguais se indicará o 50 por 100 da totalidade das cantidades doadas.