Por doazóns en diñeiro puras e simples, o 15 por 100 do seu importe, co límite do 10 por 100 da cota íntegra autonómica.
Requisitos
As doazóns deberán ser efectuadas ás seguintes entidades:
- A Comunidade Autónoma de Aragón e os organismos e entidades públicas dependentes desta cuxa finalidade sexa a defensa e conservación do medio e a investigación e o desenvolvemento científico e técnico.
- As entidades sen fins lucrativos a que se refiren os artigos 2 e 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, sempre que o fin exclusivo ou principal que persigan sexa a defensa do medio e a investigación e o desenvolvemento científico e técnico e se encontren inscritas nos correspondentes rexistros da Comunidade Autónoma de Aragón.
Forma de cubrir
Na ventá de captura de datos, indicaranse as cantidades doadas, tendo en conta que polas doazóns que lles correspondan aos cónxuxes por partes iguais se reflectirá o 50 por 100 da totalidade das cantidades doadas.