FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CATALUÑA

POR DOAZÓNS A DETERMINADAS ENTIDADES EN BENEFICIO DO MEDIO, A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL E DE CUSTODIA DO TERRITORIO (art. 34 da Lei CA 16/2008)

 

O 15 % das cantidades doadas a fundacións ou asociacións que figuren no censo de entidades ambientais vinculadas á ecoloxía e á protección e mellora do medio do departamento competente nesta materia, co límite máximo do 5 % da cota íntegra autonómica.

 

Xustificación documental

 

A dedución queda condicionada á xustificación documental adecuada.

 

En particular, as entidades beneficiarias destes donativos deben enviar á Axencia Tributaria de Cataluña, dentro dos primeiros vinte días de cada ano, unha relación das persoas físicas que efectuasen donativos durante o ano anterior, coa indicación das cantidades doadas por cada unha destas persoas.

 

Forma de cubrir

 

A través dunha ventá de captura de datos deberá reflectir as cantidades satisfeitas con dereito á dedución.