FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ASTURIAS

POR DOAZÓN DE PREDIOS RÚSTICOS A FAVOR DO PRINCIPADO DE ASTURIAS (art. 8 do  Decreto lexislativo 2/2014)

 

Poderase deducir da cota íntegra autonómica o 20 por 100 do valor das doazóns de predios rústicos feitas a favor do Principado de Asturias co límite do 10 por 100 da base liquidable do contribuínte. Os predios doados valoraranse conforme os criterios establecidos na Lei xeral tributaria.

 

Forma de cubrir

 

Debe indicar o valor dos predios doados polo titular da dedución.

 

En caso de matrimonio e se a doazón foi realizada polos cónxuxes por partes iguais, reflectirase o 50 por 100 do valor total da doazón que efectuasen.