Os contribuíntes con discapacidade poderán deducir da cota íntegra autonómica 300 euros.
Requisitos
- Deberá acreditarse un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.
- A suma da base impońible xeral e a do aforro non debe superar a cantidade de 27.000 euros en tributación individual ou a de 36.000 euros en tributación conxunta.
- Esta dedución será incompatible coa dedución por contribuínte maior de 75 anos. No caso de que o contribuínte maior de 75 anos sexa discapacitado nun grao igual ou superior ao 65 %, aplicarase a dedución por discapacidade.
- En tributación conxunta esta dedución será incompatible pola mesma persoa coa dedución por discapacidade de descendentes debendo aplicarse esta última.
Nota: a dedución será calculada polo programa baseándose nos datos que indicase nas ventás de "Datos persoais e familiares".