FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CASTELA-A MANCHA

POR DISCAPACIDADE DE ASCENDENTES OU DESCENDENTES (art. 5 da Lei 8/2013, do 21 de novembro)

 

Por cada descendente ou ascendente con discapacidade a cantidade de 300 euros.

 

 

Requisitos

 

1.   O descendente ou ascendente debe dar dereito ao mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes.

2.   O descendente ou ascendente debe acreditar un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.

3.   A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar a cantidade de 27.000 euros en tributación individual ou a de 36.000 euros en tributación conxunta.

4.   En tributación conxunta, se algún descendente integrante da unidade familiar é discapacitado no grao esixido, aplicarase por el a "dedución por descendentes discapacitados" e non a correspondente a "contribuíntes discapacitados".

5.   Esta dedución será incompatible coa dedución por ascendente maior de 75 anos. No caso de que o ascendente maior de 75 anos sexa discapacitado nun grao igual ou superior ao 65 %, aplicarase a dedución por discapacidade.

 

Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución polos mesmos ascendentes ou descendentes e algún deles non cumpra os requisitos establecidos no punto 3 anterior, o importe da dedución para os demais contribuíntes quedará reducido á proporción que resulte da aplicación das normas para o rateo do mínimo por descendentes, ascendentes e discapacidade prevista na lexislación estatal.

 

Nota: a dedución será calculada polo programa baseándose nos datos que indicase nas ventás de "Datos persoais e familiares".