FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO A1 - A2 - A3 - A4 DEDUCIÓNS XERAIS DA COTA > DEDUCIÓNS POR INCENTIVOS E ESTÍMULOS AO INVESTIMENTO EMPRESARIAL > I. RÉXIME XERAL (arts. 35 a 44 do TRLIS) > DEDUCIÓNS DO EXERCICIO 2014.
POR CREACIÓN DE EMPREGO (art. 43 da LIS)

 

Os contribuíntes que exerzan actividades económicas e contraten o seu primeiro traballador a través dun contrato de traballo por tempo indefinido de apoio aos emprendedores, que sexa menor de 30 anos, poderá deducir da cota íntegra a cantidade de 3.000 euros.

 

Para as empresas con 50 ou menos traballadores que realicen a contratación de desempregados beneficiarios dunha prestación contributiva de desemprego poderán deducir da cota íntegra o 50 por 100 do menor dos seguintes importes:

1-   O importe da prestación por desemprego que o traballador tivese pendente de percibir no momento da contratación.

2-   O importe correspondente a doce mensualidades da prestación por desemprego que tivese recoñecida.