Os contribuíntes que na data de xeración do imposto teñan un fillo menor de 4 anos ao que lle sexa de aplicación o "mínimo por descendente" poderán deducir o 15 por 100 das cantidades por eles satisfeitas no período impositivo polas cotas á Seguridade Social dun traballador incluído no sistema especial para empregados do fogar do réxime xeral da Seguridade Social, co límite máximo de 300 euros tanto en tributación individual coma en tributación conxunta.
Requisitos:
Que a base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar, non supere a contía de 18.900 euros en tributación individual e 31.500 euros en tributación conxunta.