FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CASTELA-A MANCHA

POR CONTRIBUÍNTES MAIORES DE 75 ANOS (art. 6 da Lei 8/2013, do 21 de novembro)

 

Os contribuíntes maiores de 75 anos poderán deducir a cantidade de 150 euros.

 

 

Requisitos

 

1.   Non procederá a dedución cando o contribuínte resida durante máis de trinta días naturais en centros residenciais de maiores da Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha ou en prazas concertadas ou subvencionadas por esta noutros centros.

2.   A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar a cantidade de 27.000 euros en tributación individual ou a de 36.000 euros en tributación conxunta.

3.   Esta dedución será incompatible coa dedución por discapacidade do contribuínte. No caso de que o contribuínte maior de 75 anos sexa discapacitado nun grao igual ou superior ao 65 %, aplicarase a dedución por discapacidade.

 

 

Forma de cubrir

 

Abrirase unha ventá na que deberá indicar se o titular da dedución non residiu durante máis de trinta días naturais en centros residenciais de maiores da Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha ou en prazas concertadas ou subvencionadas por esta noutros centros.