FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ILLAS BALEARES

POR CONTRIBUÍNTES DE IDADE IGUAL OU SUPERIOR A 65 ANOS: 50 euros cada un (art. 5 do Decreto lexislativo 1/2014)

 

A) Contribuíntes cuxo período impositivo finalizase a partir do día 4 de marzo de 2009

 

Cada contribuínte residente na Comunidade Autónoma das Illas Baleares que no momento da xeración do imposto teña unha idade igual ou superior a 65 anos, terá dereito a unha dedución de 50 euros.

 

Requisitos: a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, menos o mínimo do contribuínte e o mínimo por descendentes, non debe superar 12.500,00 euros, en caso de tributación individual, e 25.000,00 euros, en caso de tributación conxunta. Estes límites son controlados polo programa, que ademais calcula e aplica esta dedución a partir da información facilitada na pantalla inicial de "Datos persoais e familiares".