FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > COMUNIDADE VALENCIANA

POR CONTRIBUÍNTES CON DOUS OU MÁIS DESCENDENTES (art. 4.un.t) da Lei CA 13/1997)

 

Os contribuíntes con dous ou máis descendentes poderán deducir o 10 por 100 do importe da cota íntegra autonómica, en tributación individual ou conxunta, unha vez deducidas desta as minoracións para determinar a cota líquida autonómica, excluída a presente dedución, ás que se refire a normativa estatal reguladora do imposto.

 

 

REQUISITOS

 

1) Que os descendentes xeren a favor do contribuínte o dereito á aplicación do correspondente mínimo por descendentes establecido pola normativa estatal reguladora do imposto.

2) Que a suma das seguintes bases impoñibles non sexa superior a 24.000 euros:

−    As dos contribuíntes que teñan dereito, polos mesmos descendentes, á aplicación do mínimo por descendentes.

−    As dos propios descendentes que dan dereito ao citado mínimo.

−    As de todos os membros da unidade familiar que tributen conxuntamente co contribuínte e que non se encontren incluídos nos dous parágrafos anteriores.

 

 

FORMA DE CUBRIR: se cumpre os requisitos para aplicar a dedución, deberá marcar cunha X o recadro da ventá da captura de datos.