FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > GALICIA

POR CONTRIBUÍNTES CON DISCAPACIDADE DE IDADE IGUAL OU SUPERIOR A 65 ANOS, QUE PRECISEN AXUDA DE TERCEIRAS PERSOAS (art. 5.6 do Decreto lexislativo 1/2011)

 

 

O 10 % das cantidades satisfeitas a terceiros, cun límite máximo de 600 euros.

 

Requisitos

 

-   A base impoñible total minorada no mínimo persoal e familiar non supere 22.000 euros en tributación individual e de 31.000 euros en tributación conxunta. Este requisito será controlado polo programa.

-   Os contribuíntes de idade igual ou superior a 65 anos deben estar afectados por un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 % e acreditar a necesidade da axuda de terceiras persoas.

-   As persoas cuxa incapacidade fose recoñecida xudicialmente considérase que teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia do grao de discapacidade que teñan recoñecido. Non obstante, deberán acreditar igualmente a necesidade da axuda de terceiras persoas. 

-   O contribuínte non pode ser usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.

 

Forma de cubrir

 

Abrirase unha ventá de captura de datos na que deberá indicar, marcando unha X, se ten dereito á dedución e o importe satisfeito a terceiros.