FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CANARIAS

POR CONTRIBUÍNTES CON DISCAPACIDADE E MAIORES DE 65 ANOS (art. 11 do Decreto lexislativo 1/2009, do 21 de abril)

 

Por circunstancias persoais poderán aplicarse as seguintes deducións compatibles entre si:

 

•    Por cada contribuínte discapacitado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100: 300 euros.

•    Por cada contribuínte maior de 65 anos: 120 euros.

 

A determinación das circunstancias persoais e familiares que se deban ter en conta para a aplicación desta dedución realizarase atendendo á situación existente na data de xeración do imposto (normalmente, o 31 de decembro de 2014).

 

Só terán dereito a aplicar esta dedución os contribuíntes que non obtivesen rendas no exercicio en que se orixina o dereito á dedución por importe superior a 39.000 euros na súa base impoñible xeral (recadro 366 da páxina 11 da súa declaración) e, no suposto de tributación conxunta, cando a unidade familiar non obtivese rendas por importe superior a 52.000 euros na súa base impoñible xeral.

 

 

Nota: a dedución será calculada polo programa baseándose nos datos reflectidos na ventá de datos persoais e familiares.