FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ESTREMADURA

POR COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR (art. 9 do Decreto lexislativo 1/2013)

 

 

Os contribuíntes terán dereito a aplicar unha dedución de 15 euros pola compra de material escolar se cumpren os seguintes requisitos:

 

-   Que teñan ao seu cargo fillos ou descendentes en idade escolar obrigatoria. Entenderase que se cumpre este requisito unicamente cando o fillo ou descendente teña unha idade comprendida entre os 6 e os 15 anos na data de xeración do imposto.

-   Que a base impoñible xeral e do aforro non sexa superior a 19.000 euros en caso de tributación individual ou a 24.000 euros en caso de tributación conxunta.

-   Que se teña dereito á aplicación do mínimo por descendentes.

-   Que os fillos ou descendentes convivan co contribuínte.

 

Cando un fillo ou descendente escolarizado conviva con ambos os pais ou ascendentes, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles no caso de que optasen por declaración individual.

 

Forma de cubrir

 

En caso de matrimonio, cando ambos os cónxuxes teñan dereito a aplicar a dedución, indicarase no recadro "Común" o número de fillos ou descendentes que ten en idade escolar obrigatoria que xeren o dereito á dedución.

 

Noutro caso, indicarase no recadro “Titular" o número de fillos ou descendentes que ten en idade escolar obrigatoria que dan dereito á dedución e indicarase adicionalmente o número de persoas que ten dereito a aplicar a dedución por eses mesmos descendentes.