FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CANTABRIA

POR COIDADO DE FAMILIARES (art. 1.2 do Decreto lexislativo CA 62/2008)

 

O contribuínte poderá deducir 100 euros por cada descendente menor de

tres anos, por cada ascendente maior de setenta e por cada ascendente ou descendente con discapacidade física, psíquica ou sensorial cun grao igual ou superior ao 65 por 100 de acordo co baremo a que se refire o artigo 148 do texto refundido de Lei xeral de Seguridade Social.

 

Requisitos

 

•    Que o contribuínte estea obrigado a declarar.

•    Que o descendente ou ascendente conviva máis de cento oitenta e tres días do ano natural co contribuínte obrigado a declarar. Exceptúanse do cumprimento deste requisito os menores de tres anos.

•    Que o descendente ou ascendente non teña rendas brutas anuais superiores a 6.000 euros.

•    Terase dereito á dedución aínda que o parentesco o sexa por afinidade.

 

Forma de cubrir

 

Na epígrafe que corresponda indicarase o número de descendentes menores de 3 anos e/ou de ascendentes maiores de 70 anos que dean dereito a aplicar a dedución. Adicionalmente, reflectirase o número de descendentes ou ascendentes discapacitados en grao igual ou superior ao 65 por 100 que dean dereito á dedución.

 

En caso de matrimonio, se ambos os cónxuxes teñen dereito á dedución con respecto aos mesmos descendentes ou ascendentes, o seu número reflectirase na epígrafe "Comúns". Noutro caso, o número de descendentes/ascendentes que dan dereito á dedución indicaranse na epígrafe “Do Titular".

A dedución só pode ser aplicada polos contribuíntes que estean obrigados a declarar; para estes efectos se se encontra nalgunha das situacións que se indican, deberá marcar unha X no recadro establecido para o efecto.