FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CASTELA-A MANCHA

POR COIDADO DE ASCENDENTES MAIORES DE 75 ANOS (art. 4. da Lei CA 9/2008)

 

Polo coidado de ascendentes maiores de 75 anos a cantidade de 150 euros por cada ascendente que cumpra os requisitos.

 

Requisitos

 

1.   Para poder aplicar a dedución, o ascendente deberá causar dereito ao mínimo por ascendentes maiores de 75 anos nos termos previstos na Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas.

2.   Non procederá a dedución cando o ascendente maior de 75 anos que xere o dereito á dedución resida durante máis de trinta días naturais en centros residenciais de maiores da Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha ou en prazas concertadas ou subvencionadas por esta noutros centros.

3.   Esta dedución será incompatible coa dedución por discapacidade de ascendentes. No caso de que o ascendente maior de 75 anos sexa discapacitado nun grao igual ou superior ao 65 %, aplicarase a dedución por discapacidade.

4.   A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar a cantidade de 27.000 euros en tributación individual ou a de 36.000 euros en tributación conxunta.

 

5.   Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución polos mesmos ascendentes, e algún deles non cumpra os requisitos establecidos para o efecto,  o importe da dedución para os demais contribuíntes quedará reducido á proporción que resulte da aplicación das normas para o rateo do mínimo por descendentes, ascendentes e discapacidade prevista na lexislación estatal.

 

 

Forma de cubrir

 

Abrirase unha ventá na que deberá indicar o nome de cada ascendente e por cada un deles, marcar se xera o dereito á dedución de acordo coas normas citadas anteriormente.