FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ANDALUCÍA

POR CANTIDADES INVESTIDAS NO ALUGAMENTO DA VIVENDA HABITUAL (art. 7 do Decreto lexislativo 1/2009, do 1 de setembro)

 

Os contribuíntes menores de 35 anos na data de xeración do imposto terán dereito a aplicar unha dedución do 15 por 100 polas cantidades satisfeitas no período impositivo polo alugamento da súa vivenda habitual, cun máximo de 500 euros anuais.

 

Deberán cumprirse, ademais, os seguintes requisitos:

 

-   A suma das bases impoñibles xeral e do aforro non ha de superar 19.000 euros en tributación individual ou 24.000 euros en tributación conxunta.

 

-   Deberá acreditarse a constitución do depósito da fianza á que se refire o artigo 36 da Lei de arrendamentos urbanos (Lei 29/1994), a favor da Comunidade Autónoma de Andalucía.

 

-   A persoa contribuínte debe identificar o arrendador ou arrendadora da vivenda facendo constar o seu número de identificación fiscal (NIF) na correspondente autoliquidación.

 

-   O contribuínte non debe aplicar no mesmo período impositivo ningunha dedución por investimento en vivenda habitual, con excepción da correspondente ás cantidades depositadas en contas vivenda.

 

 

 

MPORTANTE: en caso de tributación conxunta, o requisito da idade deberá cumprilo, polo menos, un dos cónxuxes ou, se é o caso, o pai ou a nai no suposto de familias monoparentais.

 

Forma de cubrir

 

A través dunha ventá de captura de datos deberá facilitar a seguinte información:

 

-   Importe: indicarase a cantidade satisfeita no exercicio 2014 polo titular. En caso de matrimonio, se ambos os cónxuxes satisfixeron as cantidades por partes iguais, deberá indicar o 50 por 100 da totalidade das cantidades satisfeitas (no suposto de matrimonios en réxime económico de gananciais as cantidades entenderanse satisfeitas por ambos os cónxuxes por partes iguais).

-   NIF do arrendador.

-   Se o arrendador non ten NIF, deberá consignar o número de identificación no país de residencia.