FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > COMUNIDADE VALENCIANA

POR CANTIDADES DOADAS PARA A CONSERVACIÓN, REPARACIÓN OU RESTAURACIÓN DE BENS INTEGRANTES DO PATRIMONIO CULTURAL VALENCIANO (art. 4.un.q.2) da Lei CA 13/1997)

 

Poderá deducirse o 5 por 100 das cantidades en diñeiro doadas para a conservación, reparación e restauración dos bens que, formando parte do patrimonio cultural valenciano, se encontren inscritos no seu Inventario xeral, sempre que se realicen a calquera das entidades seguintes:

•    A Generalitat e as corporacións locais da Comunidade Valenciana.

•    As entidades públicas de carácter cultural dependentes de calquera das administracións territoriais anteriores.

•    As universidades públicas da Comunidade Valenciana.

•    As entidades sen fins lucrativos reguladas no artigo 2 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, que se encontren inscritas nos correspondentes rexistros da Comunidade Valenciana. As cantidades doadas a estas entidades deberán ter por exclusivo fin a conservación, reparación e restauración de obras de arte e, en xeral, de bens de valor histórico, artístico ou cultural.

 

Para ter dereito a esta dedución deberá acreditarse a efectividade da doazón efectuada, así como o valor desta, mediante certificación expedida pola entidade donataria, na que, ademais do  número de identificación fiscal e dos datos de identificación persoal do doador e da entidade donataria, se fagan constar os seguintes extremos:

 

1) Data e importe do donativo, cando este sexa en diñeiro.

2) Documento público ou outro documento auténtico acreditativo da entrega do ben doado, cando se trate de doazóns en especie. En relación coas doazóns ás que se refiere o número 1 da letra q), será mención inescusable do documento o número de identificación que no Inventario xeral do patrimonio cultural valenciano corresponda ao ben doado.

3) Mención expresa do carácter irrevogable da doazón. En calquera caso, a revogación da doazón determinará a obriga de ingresar as cotas correspondentes aos beneficios gozados no  período impositivo no que a dita revogación se produza, máis os xuros de mora que procedan, na forma establecida pola normativa estatal reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

4) Mención expresa de que a entidade donataria se encontra incluída entre as reguladas nos  apartados a) e b) do artigo 2 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, cando a doazón se efectúe a favor de entidades sen fins lucrativos reguladas na citada lei.

 

 

 

Forma de cubrir

 

Na ventá reflectiranse as cantidades doadas polo titular da dedución.

 

En caso de matrimonio e se a doazón é realizada polos cónxuxes por partes iguais, indicarase o 50 por 100 da contía total doada.