FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CASTELA E LEÓN

POR CANTIDADES DOADAS PARA O FOMENTO DA INVESTIGACIÓN, O DESENVOLVEMENTO E A INNOVACIÓN (art. 9 do Decreto lexislativo CA 1/2013)

 

Os contribuíntes poderán deducir o 15 por 100 das cantidades doadas ás universidades públicas da comunidade e as cantidades doadas ás fundacións e a outras institucións cuxa actividade principal sexa a investigación, o desenvolvemento e a innovación empresarial para o financiamento de proxectos desenvolvidos en Castela e León, para algunha destas finalidades.

     

Forma de cubrir:

 

  Na ventá indicaranse as cantidades doadas con dereito a dedución.