FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CASTELA-A MANCHA

POR CANTIDADES DOADAS PARA A COOPERACIÓN INTERNACIONAL AO DESENVOLVEMENTO E ÁS ENTIDADES PARA A LOITA CONTRA A POBREZA, A EXCLUSIÓN SOCIAL E A AXUDA A PERSOAS CON DISCAPACIDADE (art. 10 da Lei 8/2013, do 21 de novembro)

 

Establécese unha dedución do 15 por 100 das doazóns en diñeiro, con límite de 300 euros durante o período impositivo ao Fondo Castelán-Manchego de Cooperación, e a organizacións non gobernamentais, fundacións, asociacións de axuda a persoas con discapacidade e outras entidades, sempre que estas teñan a consideración de entidades sen fins lucrativos de conformidade co establecido na Lei 49/2002, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, que estean inscritas nos correspondentes rexistros da comunidade autónoma.

 

A efectividade da achega efectuada deberá acreditarse mediante certificación da Fundación Castelán-Manchega de Cooperación ou da entidade donataria.

 

A base da dedución non poderá exceder do 10 por 100 da base liquidable do contribuínte.

 

Forma de cubrir

 

Na ventá de captura de datos indicaranse as cantidades doadas.