FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CASTELA E LEÓN

POR CANTIDADES DOADAS A FUNDACIÓNS DE CASTELA E LEÓN E PARA A RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO, CULTURAL E NATURAL (art. 9 do Decreto lexislativo CA 1/2013)

 

Sobre a parte autonómica da cota íntegra poderá deducirse o 15 por 100 das cantidades doadas coas seguintes finalidades:

 

A) Cantidades doadas para a rehabilitación ou conservación de bens que se encontren no territorio de Castela e León, que formen parte do patrimonio histórico español ou do patrimonio cultural de Castela e León e que estean inscritos no Rexistro xeral de bens de interese cultural ou incluídos no inventario xeral a que se refire a Lei 16/1985, do patrimonio histórico español ou nos rexistros ou inventarios equivalentes previstos na Lei 12/2002, do 11 de xullo, de patrimonio cultural de Castela e León, cando se realicen a favor das seguintes entidades:

 

-   As administracións públicas, así como as entidades e institucións dependentes destas.

 

-   A Igrexa católica e as igrexas, confesións ou comunidades relixiosas que teñan subscritos acordos de cooperación co Estado español.

 

-   As fundacións ou asociacións que, reunindo os requisitos establecidos no título ll da Lei 49/2002, do 23 de decembro, inclúan entre os seus fins específicos a reparación, conservación ou restauración do patrimonio histórico.

 

B) Cantidades doadas para a recuperación, conservación ou mellora de espazos naturais e lugares integrados na Rede Natura 2000, situados no territorio de Castela e León, cando se realicen a favor das administracións públicas, así como das entidades e institucións dependentes destas.

 

C) Cantidades doadas a fundacións inscritas no Rexistro de fundacións de Castela e León, sempre que, por razón dos seus fins, estean clasificadas como culturais, asistenciais ou ecolóxicas.

 

Para a aplicación desta dedución, o contribuínte deberá estar en posesión da xustificación documental da doazón realizada cos requisitos establecidos no artigo 24 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos ao mecenado.

 

 

Límite: a base desta dedución xunto coa seguinte, relativas ao patrimonio histórico, cultural e natural de Castela e León, non poderá exceder do 10 por 100 da base liquidable. Este límite, que opera independentemente das deducións xerais por investimentos e donativos, é aplicado e controlado polo programa.

Requisitos:

Que a base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar, non supere a contía de 18.900 euros en tributación individual e 31.500 euros en tributación conxunta.

 

Forma de cubrir

 

Na ventá reflectiranse as cantidades doadas con dereito á dedución.