FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > CANARIAS

POR CANTIDADES DESTINADAS POLOS SEUS TITULARES Á RESTAURACIÓN, REHABILITACIÓN OU REPARACIÓN DE BENS INMOBLES DE INTERESE CULTURAL (art. 6 do Decreto lexislativo 1/2009, do 21 de abril)

 

Polas cantidades destinadas polos titulares de bens inmobles situados no territorio de Canarias á súa restauración, rehabilitación ou reparación, o 10 por 100, co límite do dez por cento da cota íntegra autonómica.

 

Requisitos

 

a)   Os bens inmobles deberán estar inscritos no Rexistro Canario de Bens de Interese Cultural ou afectados pola declaración de Ben de Interese Cultural, sendo necesario, neste caso, que os inmobles reúnan as condicións que regulamentariamente se determinen.

b)   Que as obras de restauración, rehabilitación ou reparación fosen autorizadas polo órgano competente da comunidade autónoma ou, se é o caso, polo cabido insular ou concello correspondente.

 

Incompatibilidade: esta dedución é incompatible, respecto das mesmas cantidades, coa dedución autonómica “por obras de rehabilitación ou reforma de vivendas”.

 

Forma de cubrir

 

Na ventá de captura de datos, indicarase o importe dos gastos, tendo en conta que polas cantidades que correspondan aos cónxuxes por partes iguais se reflectirá o 50 por 100 da totalidade das cantidades doadas.