FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ARAGÓN

POR ARRENDAMENTO DE VIVENDA SOCIAL (DEDUCIÓN DO ARRENDADOR) (art. 110-13 do Real decreto lexislativo 1/2005, introducido polo art. 1.10 da Lei 10/20012)

 

Cando o contribuínte puxese unha ou máis vivendas á disposición do Goberno de Aragón, ou dalgunha das súas entidades ás que se atribúa a xestión do Plan de vivenda social de Aragón, poderá aplicar unha dedución do 30 por 100 conforme os seguintes requisitos e condicións:

 

a)   A base da dedución será a cota íntegra autonómica que corresponda á base liquidable xeral derivada dos rendementos netos de capital inmobiliario menos as correspondentes reducións por arrendamento de bens inmobles destinados a vivenda.

b)   Deberá formalizarse o depósito da fianza correspondente ao arrendamento ante o  órgano competente en materia de arrendamento da Comunidade Autónoma de Aragón, dentro do prazo establecido pola Lei 10/1992, do 4 de novembro, de fianza dos arrendamentos urbanos e en determinados contratos de subministración, ou norma vixente en cada momento.

 

FORMA DE CUBRIR:  

Porase a suma dos recadros 069 de cada unha das vivendas cedidas ao Plan de vivenda social.