FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO B1- B2- B3- B4 - B5. DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS > ARAGÓN

POR ARRENDAMENTO DE VIVENDA HABITUAL (art. 110-12 do Real decreto lexislativo 1/2005, introducido polo art. 1.9 da Lei 10/2012)

 

Os contribuíntes poderán deducir o 10 por 100 das cantidades satisfeitas durante o exercicio  polo arrendamento da vivenda habitual, cunha base máxima de investimento de 4.800 euros anuais, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

 

a)   Que a suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro non sexa superior á contía de 15.000 euros en declaración individual ou de 25.000 euros no suposto de declaración conxunta.

b)   Que se formalizase o depósito da fianza correspondente ao arrendamento ante o órgano competente en materia de arrendamento da Comunidade Autónoma de Aragón, dentro do prazo establecido pola Lei 10/1992, do 4 de novembro, de fianza dos arrendamentos urbanos e en determinados contratos de subministración, ou norma vixente en cada momento.

 

 

Importante: só se poderá aplicar esta dedución nos casos de adxudicación de vivenda habitual en pagamento da totalidade da débeda pendente dun préstamo ou crédito garantidos mediante hipoteca sobre a dita vivenda como consecuencia do cal se formalizase entre as partes un contrato de arrendamento con opción de compra sobre a mesma vivenda.

 

O concepto de vivenda habitual será o fixado pola normativa estatal vixente o 31 de decembro de 2012 para a dedución para a adquisición de vivenda.

 

FORMA DE CUBRIR: deberá indicar as cantidades satisfeitas polo arrendamento e o NIF do arrendador. Se o arrendador non ten NIF, deberá consignar o número de identificación no país de residencia.

 

En caso de matrimonio, cando ambos os cónxuxes teñan dereito á dedución, reflectirase o 50 por 100 da totalidade das cantidades investidas con dereito á dedución.