O contribuínte poderá deducir o 10 por 100, ata un límite de 300 euros anuais, das cantidades satisfeitas no período impositivo polo arrendamento da súa vivenda habitual.
Requisitos
• Ter menos de 35 anos cumpridos ou ter 65 ou máis anos. O contribuínte con discapacidade física, psíquica ou sensorial que teña a consideración legal de discapacitado cun grao de diminución igual ou superior ao 65 por 100 de acordo co baremo a que se refire o artigo 148 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social está exonerado do cumprimento deste requisito para ter dereito a gozar desta dedución.
• Que a base impoñible sexa inferior a 22.000 euros en tributación individual ou a 31.000 euros en tributación conxunta. Este requisito será controlado polo programa.
• Que as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento excedan do 10 por 100 da renda do contribuínte.
Tributación conxunta
No caso de tributación conxunta, o importe máximo da dedución será de 600 euros; pero polo menos un dos declarantes deberá reunir os requisitos enunciados anteriormente para gozar da dedución.
Forma de cubrir
Na ventá reflectiranse os seguintes datos:
- O importe satisfeito polo titular.
No caso de matrimonio, se o alugamento corresponde aos cónxuxes por partes iguais, deberá reflectir o 50 por 100 do importe satisfeito polo alugamento.
- O NIF do arrendador.
- Se o arrendador non ten NIF, deberá consignar o número de identificación no país de residencia.