Poderase deducir da cota íntegra autonómica o 10 por 100 das cantidades satisfeitas no período impositivo polo alugamento da vivenda habitual do contribuínte, cun máximo de 455 euros.
A porcentaxe de dedución será do 15 por 100 co límite de 606 euros en caso de alugamento de vivenda habitual no medio rural. Entenderase como tal a vivenda que se sitúe en solo non urbanizable segundo a normativa urbanística vixente no Principado de Asturias e a que se encontre en concellos de poboación inferior a 3.000 habitantes, con independencia da cualificación do solo.
Requisitos
- A suma da base impoñible xeral e do aforro non debe exceder de 25.009 euros en tributación individual ou de 35.240 euros en tributación conxunta.
- As cantidades satisfeitas en concepto de alugamento deben exceder do 10 por 100 da base impoñible.
Forma de cubrir
Debe indicar as cantidades satisfeitas polo titular da dedución, o NIF do arrendador e se o arrendamento ten lugar ou non no medio rural nos termos anteriormente indicados. Se o arrendador non ten NIF, deberá consignar o número de identificación no país de residencia.
En caso de matrimonio e se as cantidades foron satisfeitas polos cónxuxes por partes iguais, reflectirase o 50 por 100 do importe total satisfeito por ambos.